|
~International
|
|
|||||||||||||||||
|
IRIN-International |
Benvidos! |
||||||||||||||||||
|
Nawat: v
Grammar v
Texts v
Song Who we are: v
IRIN v
TIT Join us! The Nawat language recovery
initiative: |
Shitechpalewi! Axúdanos por favor!
O nawat é falado hoxe se cadra por uns centos de persoas, ou posiblemente sómente por unhas ducias, xa que non existen estadísticas de fiar. A maioría dos falantes actuais, chamados pipiles, son persoas de avanzada idade. Tamén se atopa un número bastante menor de persoas novas que aprenderon a lingua de seus pais ou avós e quixeran traballar cos vellos para manter vivas a súa lingua e cultura ancestrais. Hai cen anos o nawat foi unha lingua aínda moi falada e viva nunha rexión importante do occidente de El Salvador. Mais os pipiles foron víctimas de brutais opresións e matanzas levadas a cabo con apoio oficial, chegando a unha situación onde os pipiles veron na súa identidade étnica unha ameaza para a súa integridade física. Así foi que tiveron que aprender a sobrevivir por medio de afastarse da súa propia cultura, deixando os seus costumes e calquera sinal que os puidese dilatar, e primariamente o uso de roupa tradicional e da súa lingua. Velaí por qué hoxe fican tan poucos que aínda saiban falar nawat, e por qué, ademáis, non é doado asegurar cantos falantes ocultos pode haber que non coñezamos. Suponse que os tempos xa cambiaron, pero a tendencia a negar a identidade étnica e os costumes tradicionais xa se convertiu na pauta de comportamento típica de moitos pipiles. Trátase dun comportamento que pode acabar coa lingua a corto prazo se segue. Na mente de moitos pipiles e non-pipiles, ser pipil – ou sexa, falar en nawat – non trae nada bo. O problema para os pipiles, os que viven na súa case totalidade por debaixo da liña da pobreza, é que cren que a súa lingua non ten ningunha valor, e moito menos valor económico. Doutra parte, falar nawat pode implicar falta de educación considerando que moitos dos falantes son analfabetos. Descoñéces a idea de que o
nawat pode estar asociado con oportunidades escolares e educacionais, ou
mesmo que o coñecemento do nawat puidese ter proveito para xerar algún xeito
de riqueza. Tampouco é familiar a noción de crear un concepto positivo da
identidade pipil no que a lingua xogue un rol instrumental e de unidade. Benvid@
á web de IRIN-Internacional Hoxe estase facendo un esforzo de derradeira hora para tentar cambiar isto. Nesta web poderás atopar información sobre o idioma nawat, as persoas participantes neste esforzo cara á recuperación da lingua, e o xeito do traballo que está sendo realizado por eles. ¡Invitámoste a botar unha ollada! Atópase aquí máis información sobre a historia do nawat, unha gramática e un vocabulario, e materiais para empezar coñecer a lingua como unhas conversas básicas, uns breves textos, e mesmo unha canción en nawat que ademáis de ler poderás escoitar cantada por quen a compuxo. Esperamos que decidas ler
tamén sobre a Iniciativa
para a Recuperación da Lingua Náhuat (IRIN) e a Oficina
da Lingua Náhuat (TIT). Esta
web á ofrecida por un grupo internacional de apoio á iniciativa, IRIN-International.
Noutra sección pódese ler
acerca dos traballos que se están realizando, que inclúen un importante proxecto
universitario para introducir clases de nawat nas escolas e dotalas
de libros de texto;
outro programa que ofrece cursos de nawat para adultos dentro de
comunidades pipiles, e máis outros obxetivos dentro do plan xeral de recuperación. ¡Ti
tamén podes axudarnos! E agora chegou o momento de pedir a túa axuda. Tódolos proxectos descritos aquí requeren certos recursos humáns e materiaia. A cantidade de axuda que se necesita é modesta, xa que nun país tan pobre coma este un pouquiño de axuda abonda para facer bastante; o problema éche que nun país tan pobre mesmo uns poucos cartos non se atopan fácilmente. Os proxectos descritos aquí receben certa cantidade de apoio local, pero xa sabemos que non vai abondar esa axuda para permitir que todo o plan proposto se poida realizar. De aí que hemos de insistirche e a todos os nosos lectores que unha colaboración túa, por pequena que sexa, nos pode axudar a manter viva a lingua nawat e posibilitar a continuación do plan de recuperación. Para pedir máis información ou para facer calquera suxerencia, por favor escríbenos. Ademáis, escríbenos os teus comentarios sobre esta web para que os poidamos amosar a todos os nosos lectores.
|
|
Pots llegir aquesta pàgina
en |
|
|
|
You
can read this page in |
|
|
|
Puedes leer esta página en |
|
|
|
Orrialde hau |
irakur
dezakezu. |
|
|
Podes ler esta páxina en |
|
|
|
Gallwch ddarllen y tudalen
yma yn |
|
|
|
Tiweli
tikita ini iswat tik |
|
© 2004 Alan
R. King, Monica Ward and IRIN.